Somos Jealsa.NÓS

Jealsa é unha compañía activamente responsable co medio, os recursos mariños e as persoas, que contribúe visible e significativamente na transformación cara a un mundo máis sostible.

É unha empresa familiar española fundada en 1958 por D. Jesús Alonso Fernández. Orientada orixinariamente á fabricación e comercialización de conservas de peixe e marisco, nestes 65 anos de historia moitos son os logros acadados pola compañía.

Grazas á innovación e á aposta pola diversificación, Jealsa é un dos principais produtores a nivel mundial.

Actualmente, a compañía está conformada por diversas sociedades divididas en tres divisións que operan baixo unha estrutura de circularidade total:

Jealsa alimentación, Seanergy 360 e Beltaine.