En JEALSA o cumprimento normativo eríxese un dos principios reitores das nosas actividades, e estamos comprometidos coa prevención da comisión de delitos.
A empresa dispón dun Sistema de Xestión de Compliance Penal y Antisuborno, conforme as normas UNE 19601-ISO 37001, coas súas políticas a disposición de terceiros na súa web e na web corporativa www.jealsa.com. Temos e pedimos tolerancia cero á comisión de delitos e agardamos que as nosas partes interesadas dispoñan de sistemas semellantes de prevención de riscos penais.
O noso sistema abrangue todas as sociedades que conforman o noso grupo empresarial a nivel nacional e internacional, e a todas as persoas da nosa organización e partes interesadas.
O compromiso do Órgano de Goberno de JEALSA co SIGCPAS é absoluto e supedita o seu negocio, sustentabilidade e futuro, ao estrito cumprimento do mesmo.
A continuación expóñense as principais políticas do noso SIGCPAS:
CANLE ÉTICO
CÓDIGO ÉTICO E DE CONDUTA
Ten por obxecto reflectir os valores corporativos e os principios básicos de conduta que deben guiar a actuación de JEALSA e das persoas que o integran, sen excepción. O presente Código é, xa que logo, a norma fundamental de JEALSA. Non se tolerará ningún acto ou comportamento contrario ao mesmo.
POLÍTICA DE COMPLIANCE PENAL
A presente política está aliñada co Código Ético e de Conduta, a Política Anticorrupción de JEALSA e a norma UNE 19601 sobre Sistemas de Compliance Penal en España. Baséase no absoluto respecto aos valores, principios e pautas de comportamento que se recollen nos anteditos documentos, e que reflicten a vontade de cumprimento normativo da organización, así como a tolerancia cero respecto de calquera conduta irregular ou sospeitosa de ser constitutiva de delito ou de práctica corrupta.
CANLE DE ÉTICA (Canle de denuncias)
Ten como obxectivo regular unha canle de comunicación interna para a recepción de denuncias relacionadas con incumprimentos normativos e/ou prácticas contrarias aos principios estabelecidos no Código Ético e de Conduta de JEALSA e as demais políticas de Compliance y Antisuborno.
A canle ética garante a confidencialidade de quen interveñen nas denuncias e as non represalias aos denunciantes.
A canle ética cumprirá co previsto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, así como na Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e Garantía de Dereitos Dixitais.
POLÍTICA ANTICORRUPCIÓN (Antisuburno)
A presente política, como prolongación do noso Código Ético e de Conduta, rexeita calquera forma de comportamento corrupto por parte de directivos, empregados ou partes interesadas que se relacionan con JEALSA, e pretende conformar un modelo de conduta que rexa a actuación do Grupo. A presente política fai seus os estándares fixados na norma ISO 37001, sobre Sistemas de Xestión Antisuborno.
POLÍTICA DE PROVEDORES E COMPRAS
Regula los criterios de selección de provedores, os estándares éticos exixidos e os compromisos de sustentabilidade.
Os nosos provedores son imprescindíbeis para levarmos a cabo as nosas actividades económicas e proceder á fabricación e venda de produtos de gran calidade. Por iso, a nosa relación ha de rexerse polos máis altos estándares de compromiso e corrección. Exiximos de forma recíproca a súa colaboración e implicación coa finalidade de alcanzar as nosas metas e propósitos.