AVISO LEGAL

1. DATOS TÉCNICOS DA EMPRESA E DE CONTACTO

  • Razón social: Jealsa Foods S.A.U.
  • CIF/NIF: A15022221
  • Enderezo social: C/ Vimieiro Nº 20, 15930 Boiro (A Coruña)
  • Teléfono: +34 981845400
  • E-mail: info@jealsa.com
  • Rexistro Mercantil de: Santiago de Compostela-Tomo 1212 Folio 59 Folla 6602

2. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL

Todos os contidos do sitio web, incluíndo, sen carácter limitativo, bases de datos, imaxes e fotografías, debuxos, gráficos e arquivos de texto, son propiedade de Jealsa Foods S.A.U. en diante “o Titular” ou dos provedores de contidos, sendo, neste último caso, obxecto de licenza ou cesión por parte dos mesmos, e están protexidos polas normas nacionais ou internacionais de propiedade intelectual. A recompilación, deseño, ordenación e montaxe de todo o contido do sitio web é propiedade exclusiva do Titular e atópase protexida polas normas nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual.

As marcas, rótulos, signos distintivos ou logos do sitio web son titularidade do Titular e están debidamente rexistrados.

Os textos, datos e debuxos gráficos son propiedade do Titular ou das entidades provedoras de información, non podendo ser obxecto de posterior modificación, copia, transformación, alteración, reprodución, adaptación ou tradución por parte de terceiros, sen a expresa autorización por parte do titular do devandito contido. A posta a disposición dos textos, datos e debuxos gráficos non implica, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de explotación, reprodución, difusión, transformación, distribución, ou transmisión ao seu favor, distinto do dereito de uso que comporta a utilización lexítima do sitio web.

3. MANIFESTACIÓNS

O Titular manifesta que este sitio web dispón da tecnoloxía axeitada para permitir o acceso e utilización do mesmo. Con todo, non se responsabiliza pola eventual existencia de virus ou outros elementos nocivos, introducidos por calquera medio ou por calquera terceiro, que poidan producir alteracións nos seus sistemas informáticos.

O sitio web podería conter inexactitudes, omisións relevantes, imprecisións ou erros. O Titular non garante, en ningún caso, a veracidade, exactitude e actualidade dos datos contidos no seu sitio web. O usuario que accede á web exonera ao Titular de calquera responsabilidade en relación á fiabilidade, utilidade ou falsas expectativas que este sitio web puidese producirlle.

4. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE

O Titular non ofrece garantías de ningunha clase en canto ao funcionamento do sitio web ou á información contida no mesmo. O Titular non será responsable dos danos ou prexuízos, de calquera índole, que poidan derivarse do uso do sitio web.

O Titular exclúe toda responsabilidade pola licitude, contido e calidade dos datos e informacións ofrecidas por terceiras entidades a través do sitio web.

5. LIGAZÓNS A HIPERVÍNCULOS

Os titulares doutros sitios web que desexen crear un hipervínculo ao presente sitio web, comprométense a non establecer ligazóns a sitios web nos que non apareza o logotipo do Titular e a non realizar manifestacións falsas, inexactas ou incorrectas, que poidan inducir a erro ou, en xeral, que sexan contrarias ás leis.

Os titulares doutros sitios web que desexen crear un hipervínculo á web do Titular comprométense, así mesmo, a non establecer hipervínculos con sitios web que conteñan contidos, manifestacións ou propaganda de índole racista, xenófoba, pornográfica, de apoloxía do terrorismo e, en xeral, poidan prexudicar de calquera modo o bo nome ou a imaxe do Titular.

A inclusión de hipervínculos na presente web, non implica necesariamente que o seu Titular manteña relacións mercantís ou vínculos asociativos co titular do sitio web na que se estableza a ligazón.

A presenza de hipervínculos na presente web ten unha finalidade meramente informativa, motivo polo cal, o Titular non se responsabiliza nin outorga garantía de ningunha natureza, nin expresa nin implícita respecto da comerciabilidade, idoneidade, calidade, características, procedencia, comercialización ou calquera outro aspecto das informacións e/ou produtos e/ou servizos que se ofrezan a través do sitio web referenciado.